Instalacións

As instalacións onde impartimos as nosas clases son as piscinas do Ximnasio Squash no Milladoiro (Ames).

Dispoñemos de tres piscinas para impartir as distintas actividades:

Un vaso de 19 x 7 que conta cun vaso anexo de “chapoteo”.

Un vaso de 15 x 6.

Un vaso de 25 metros (piscina semiolímpica), onde se imparte a actividade de natación deportiva.

As nosas piscinas: Tecnoloxía e Benestar

As nosas piscinas están equipadas cun avanzado sistema de cloración salina, unha alternativa ecolóxica e eficaz ao cloro químico convencional.

Que é a cloración salina?

Trátase dun innovador sistema de depuración que desinfecta a auga mediante o uso de sal, eliminando a necesidade de produtos químicos agresivos e garantindo unha experiencia de baño máis pracenteira.

Beneficios da cloración salina:

🔹 Más ecolóxico: Respectuoso co medio ambiente.

🔹 Maior benestar: Reduce a irritación en pel, ollos e vías respiratorias.

Regala natación, regala experiencias únicas.

Nuestros bonos regalo es el detalle perfecto
para cualquier ocasión.