NORMAS DA ESCOLA DE NATACIÓN

  1. O material necesario para asistir ás clases é traxe de baño, chancletas, gorro e unha toalla ou albornoz. Nas zonas húmidas é imprescindible o uso de chancletas ou calzas, non se permite utilizar calzado de rúa xa que este pode transportar fungos, bacterias…
  2. A Escola Cabezolo non pecha en todo o ano. Consulte os horarios de inverno e verán.
  3. Puntualidade. O alumno deberá estar preparado no vestiario á hora do comezo da clase para poder entrar con todos os seus compañeiros á chamada do profesor. Finalizada a clase, os pais esperarán no vestiario para recoller o neno.
  4. Para o bo desenvolvemento das clases os pais ou acompañantes non deben estar presentes na piscina.
  5. Para seguir a evolución dos nenos, a Escola Cabezolo ten previstas xornadas de portas abertas, nas cales os pais ou acompañantes, provistos de chancletas, poderanos observar desde fóra da auga, e, os que queiran participar na auga, deberán traer tamén traxe de baño e gorro. Durante estas xornadas de portas abertas, faranse fotos que se poderán subir ás redes sociais.
  6. PAGAMENTO: O pagamento do curso de iniciación faise en metálico na recepción do ximnasio antes do comezo do curso e non está suxeito a devolución. Logo, o pagamento das mensualidades farase mediante domiciliación bancaria. As remesas xéranse o primeiro día de cada mes. Calquera pagamento fóra desa data deberá facerse en metálico. 
  7. Ante calquera síntoma de enfermidade contaxiosa, pregamos que se absteña de traer o neno á piscina ata a súa total recuperación. Desta maneira, conseguiremos que outros nenos non se vexan afectados.
  8. Os alumnos deberán asistir o día e hora asignada. As CLASES NON SON RECUPERABLES, NON SE PODE CAMBIAR DE DÍA NIN DE HORA DE FORMA PUNTUAL (SÓ CAMBIOS DEFINITIVOS DE DÍA OU HORA, EN CASO DE SER POSIBLE). OS FESTIVOS NON SON RECUPERABLES.
  9. Se vostede non pode asistir ás clases durante un mes ou quere deixar de asistir no verán e conservar a súa praza, poderá acollerse á cota de mantemento, cun máximo de 3 meses ao ano. En casos excepcionais, consulte coa Escola Cabezolo.
  10. A baixa, mantemento ou calquera cambio deberase comunicar na recepción do ximnasio antes do día 25 do mes anterior.
  11. Non asistir ás clases, non o exime do seu aboamento.
  12. A falta de pagamento de 2 mensualidades causará a baixa automática do alumno.
  13. Os menores de dous anos de alta en Cabezolo poden utilizar, sempre acompañados dun adulto, a piscina dos cursos en horario libre sen pagar entrada.
  14. Os menores de nove anos de alta en Cabezolo poden utilizar, sempre acompañados dun adulto, a piscina de exterior situada no club de tenis durante os meses de verán sen pagar entrada.
  15. As persoas de alta nos cursos da Escola Cabezolo teñen un desconto do 50 % na matrícula do ximnasio Squash Santiago

Para calquera dúbida ou suxestión, chame ao teléfono: 626 489 400

Regala natación, regala experiencias únicas.

Nuestros bonos regalo es el detalle perfecto
para cualquier ocasión.